O Concello de Beariz recolle doacións de pienso para cans

Beariz.
photo_camera Beariz.

O Concello de Beariz está levando a cabo unha campaña de recolección de pienso e mantas para cans e gatos en favor de la Protectora de Cans e Gatos de Ourense (Progape). A campaña comezou o pasado 12 de agosto e rematará o 30 de setembro. 

A motivación vén dada pola necesidade que esa protectora de animais anuncia nas redes sociais, concretamente comida e cobillas para os máis de 150 cans e máis de 90 gatos que ten nas súas instalacións de Eiroás. O Concello de Beariz cumpre coa función de canalizar a solidaridade dos veciños deste municipio e arredores, facilitando un punto de recollida nas instalacións municipais e realizando o transporte desde Beariz a Eiroás do material recollido.

Ademais, realiza ao longo do ano unha serie de accións encamiñadas a facilitar a adopción de cans abandonados e a recollida de aqueles que aparecen perdidos no territorio municipal. 

Dentro das súas competencias en materia de mascotas sen fogar, o Concello destina en torno a 1.000 euros cada ano, cifra que lle custa estár adherido ao servizo de canceira da Deputación provincial de Ourense.

“Cabe destacar o labor da veciña de Beariz Mariana Antón Morgade como impulsora desta iniciativa e auténtica dinamizadora das contribucións que se ten realizado”, sinalan. No que vai de campaña xuntáronse máis de 600 quilos de pienso e en torno a 50 quilos de mantas e toallas para mellorar as condicións dos animais acollidos pola protectora.

Te puede interesar