O CARBALLIÑO

O Concello de Carballiño acolle un coloquio sobre igualdade

Interirán Iria Fernández, Mayte López Pérez-Cruz e Carmen Ferradás, ás 20 horas, no salón de plenos

Unha mesa coloquio, que leva por título “A conciliación ao longo do tempo”, porá fin aos actos programados pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello do Carballiño con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O coloquio desenvolverase hoxe, ás 20,00 horas, no salón de plenos municipal. Intervirán como ponentes Iria Fernández Sobrado, actriz; Mayte López Pérez-Cruz, presidenta da Confederación Española de Abogados Jóvenes e conselleira do Consejoo General de la Abogacía Española, e Carmen Ferradás Cerdeira, empresaria do Carballiño (Floristería Carmiña).

Con esta mesa culminan os actos en defensa da igualdade, que comezaron o pasado día 8, coa entrega dos premios de fotografía e a letura de textos reivindicativos da efeméride, e continuaron este pasado domingo, coa V Andaina pola igualdade, cunha participación de máis de 200 persoas, que realizaron un recorrido pola zona norte do municipio e polo paseo fluvial do Arenteiro.

Te puede interesar