O Concello crea unha relación nova de postos de traballo

O Concello do Carballiño traballa na redacción de unha nova RPT (Relación de Postos de Traballo) coa intención de remitir o borrador ós sindicatos para ser consensuado, con vistas a súa aprobación definitiva en pleno. O alcalde, Argimiro Marnotes, mantiña en días pasados unha reunión cos representantes sindicais e o equipo redactor da nova RPT municipal, para poñer en marcha a mesa que se encargará da reestruturación e modificación da actual Relación de Postos de Traballo.
Foi unha primeira toma de contacto para informar sobre os obxectivos de crear unha nova RPT máis sinxela e máis operativa, contemplando sempre en primeiro lugar as obrigacións específicas de cada posto de traballo, así como a súa perfecta definición dentro do organigrama municipal.

Te puede interesar