O Concello do Carballiño reparte apuntes e libros aos nenos

Estes servizos, que os responsables municipais puxeron en en marcha hai dúas semanas co obxectivo de dar cobertura ás direccións dos centros, intensificáronse estes últimos días e estarán operativos mentres dure o confinamento, segundo sinalan.

O concello do Carballiño está colaborando intensamente coas direccións dos centros educativos facilitando o traslado de libros escolares desde os colexios aos domicilios dos alumnos. Así mesmo, realízase o servizo de reprografía para fotocopiar apuntes e traballos escolares.

O transporte dos libros lévase a cabo a través dos integrantes de Protección Civil, e o servizo de reprografía aténdese a través de persoal do concello, e son os pais ou titores os que se encargan de recoller as fotocopias no concello.

Estes servizos, que os responsables municipais puxeron en en marcha hai dúas semanas co obxectivo de dar cobertura ás direccións dos centros, intensificáronse estes últimos días e estarán operativos mentres dure o confinamento, segundo sinalan.

As autoridades municipais insisten en que son as direccións dos distintos centros educativos as que comunican ao Concello do Carballiño que libros e material escolar deben ser trasladados aos domicilios dos alumnos, e son tamén estas direccións as que remiten ao concello os apuntes e traballos que deben ser fotocopiados.

Trátase dun servizo que prestan moitos concellos como é o caso de Maside, Boborás ou Beariz, entre outros da comarca do Carballiño, para que os escolares poidan continuar traballando nas súas casas.

Te puede interesar