ENERXÍA

O Concello do Irixo pide reformas contra os cortes de luz

O Concello do Irixo acordou en pleno presentar unha queixa formal instando á compañía eléctrica Naturgy, como empresa competente na materia neste concello, a levar a cabo as melloras e actuacións necesarias na rede para evitar apagamentos e cortes na subministración eléctrica no municipio.

A medida é a consecuencia dunha moción presentada polo PSdeG-PSOE, considerando que "nos últimos anos estamos a sufrir un importante número de temporais durante o outono e o inverno que están a provocar importantes danos", referíndose os socialistas aos máis recentes de decembro do 2019.

O Concello do Irixo tamén solicita á Delegación de Industria da Xunta de Galicia que garanta a subministración eléctrica, e chegado o caso, se sancione á subministradora polos cortes de enerxía acontecidos, segundo se contemplaba na moción aprobada por unanimidade.

Te puede interesar