O CARBALLIÑO

O Concello impulsa unha rede termal para a Eurorrexión

<p></p>
photo_camera Carballiño acogió en el pasado mes de febrero una reunión sobre el turismo en la Eurorregión.

A vila acollerá en setembro unha xuntanza de 13 localidades galegas e do norte de Portugal

O Eixo Atlántico convocará unha reunión no Carballiño para o próximo 13 de setembro co fin de impulsar a creación dunha rede termal no marco da Eurorrexión. Esta iniciativa tómase desde o Eixo Atlántico a partir da proposta do alcalde do Carballiño Francisco Fumega que, como rexidor dunha vila membro da organización, considera de gran interese elaborar unha estratexia propia para as vilas e cidades termais que forman parte do Eixo Atlántico.

En total, serán sete as vilas e cidades galegas convocadas, e outras seis de Portugal. Así, figuran nesta relación, ademáis do Carballiño, Laias, Lobios, Mondaríz, Lugo, Ourense e Caldas de Reis, en Galicia, e Termas de Sâo Jorge (Santa María da Feira), Chaves/Vidago/Pedras Salgadas, Caldas da Saúde (Santo Tirso), Taipas (Guimarâes), Caldas de Aregos (Rosende) e Megaço.

Os cambios que se están producindo en materia termal no Carballiño últimamente, coa construción do novo balneario Las Caldas de Partovia, a prevista renovación das instalacións do Gran Balneario do Carballiño, e a mellora da zona termal pública do Bañiño de Arcos, esixe a toma de iniciativas para anticiparse a estes cambios e fortalecer a relevancia do Carballiño nos principais foros termais, segundo sinala o alcalde.

Te puede interesar