O CARBALLIÑO

O concello de O Carballiño limpará a maleza que inunda A Ponte de Veiga

puente_de_veiga_result
photo_camera A Ponte de Veiga atópase nunha situación de abandono total, invadida por especies vexetais e descoidada.

O proxecto inclúe a realización dunha cata arqueolóxica no entorno para localizar a calzada medieval

O concello de O Carballiño está finalizando os trámites para levar a cabo un proxecto de limpeza da Ponte de Veiga. A súa execución está prevista para o próximo ano, á espera da autorización de Patrimonio e, o custe desta limpeza correrá a cargo da institución municipal, que aportará cerca de 9.000 euros.O obxectivo é preservar e valorizar obras arquitectónicas, así como conservar e poñer en valor o patrimonio histórico da nosa zona.

A Ponte de Veiga atópase dende fai tempo nunha situación de abandono. Algunhas especies vexetais, coma toxos e fentos, invadiron por completo a súa fachada. Ademáis, nas súas inmediacións atópanse varias árbores que, cas súas raíces e ramas, poden provocar un deterioro na súa estructura. 

A limpeza prevista comprende a eliminación das especies vexetais que creceron sobre a súa superficie e a retirada de depósitos de terra e productos da degradación da pedra. Tamén se levará a cabo unha limpeza suave da superficie para eliminar as manchas de suciedade e humidade e recobrar o aspecto unificado da pedra. Para evitar posibles erosións, estas labores será realizadas a man. O proxecto tamén prevé adecentar as marxes da ponte 10 metros a cada lado da mesma, xa que a caída dalgunha árbore desta zona podería afectar á estabilidade estructural. 

Neste traballo de conservación non se prevé realizar obras de consolidadión do viaducto, aínda que durante as labores pode que se detecten puntos de inestabilidade, que serán amañados de ser necesario. 

A Ponte de Veiga está datada nos séculos XIII e XIV, e sufriu varias modificacións posteriores á súa construcción. Esta edificación arquitectónica é unha das máis importantes do Carballiño, e forma parte da catalogación de xacementos arqueolóxicos realizada en 2014 polo Centro de Estudos Chamoso Lamas.

Te puede interesar