TASAS

O Carballiño modificará as tasas para atraer a novas empresas

<p></p>

Sumarase ao protocolo que asinaron a Xunta e a Fegamp co obxectivo de impulsar o tecido industrial

O Concello do Carballiño vai poñer en marcha unha serie de modificacións nas súas ordenanzas fiscais co fin de apoiar a implantación de empresas no término municipal. Con este obxectivo, o goberno municipalacordeou adherirase ao protocolo denominado “Concellos Doing Business Galicia” que asinaron a Fegamp e a Xunta de Galicia coa finalidade de fomentar a implantación e fixación de empresas.

Con este obxectivo, o grupo de goberno presentará varias alegacións ás ordenanzas fiscais, de xeito que se podan realizar bonificacións nos impostos ás empresas de nova implantación, aínda que nalgunha das propostas de bonificacións de impostos que se inclúen neste protocolo, como é o Imposto sobre construccións, instalacions e obras (ICIO), xa se realizan no concello do Carballiño. Sin embargo, hai outras que serán plantexadas

para o seu debate no próximo pleno municipal de aprobación das ordenanzas fiscais.

Así, propoñeranse bonificacións de ata o 95% no IBI e IAE a aquelas empresas de nova creación ou que amplíen instalacións e que impliquen creación de emprego. Estas bonificacións poderían ser de ata o 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo; o 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo, e ata 0 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.

Asi mesmo, establecerase o compromiso de resolver as solicitudes de licenza de obra maior nas que o peticionario sexa unha empresa ou un autónomo para a construcción dunha edificación destinada á primeira implantación dunha actividade, nun prazo maximo de 30 días.

En materia de solo empresarial, o concello comprometerase a fixar prezos competitivos das parcelas da súa propiedade establecendo bonificacións sobre os mesmos. Non obstante, e tendo en conta a práctica ocupación total do solo do Polígono Industrial e Parque Empresarial carballiñés, o concello plantexará a necesidade de incrementar a superficie dedicada a estes fins, para o cal precisaríase a colaboración da Xunta de Galicia.

Con estas iniciativas de cumprimento deste protocolo, o concello "agarda poder obter beneficios importantes para fomentar a implantación de empresas". Entre outros, sinalan desde o goberno municipal, a concesión de subvencións destinadas a investimentos e gastos nos eidos industrial, do emprego e do empredemento, así como integrar o solo industrial municipal no Observatorio de Solo empresarial creado pola Xunta de Galicia, e formar parte da marca territorial asociaciada á Oficina Doing Business.

Te puede interesar