O Concello suprime aparcamentos na rúa Virtude en favor da seguridade peonil

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, e o tenente alcalde e concelleiro de Obras, Manuel Amil, mantuveron unha reunión cos veciños da rúa Virtude con vistas a súa próxima reforma, que ten como prioridade mellorar a seguridade peonil ó longo do seu trazado.
Dado que a calzada só ten 5,3 metros de ancho, veciños e autoridades acordaron por unanimidade a súa completa urbanización, coa dotación de beirarúa por unha soa marxe e a supresión dos aparcamentos.

Os veciños desta rúa vieron incrementar o tráfico en gran medida a raíz da nova reordenación na circulación dentro do casco urbán. Por eso, decidiron ganar en seguridade para os peatóns aínda que sexa a costa de perder espacio para aparcar.

O proxecto contempla, ademais, a reposición das redes de saneamento e abastecemento.

Te puede interesar