Concerto de Luar na Lubre e proxeccións, na Insua dos Poetas

A Fundación Insua dos Poetas organiza neste mes de septiembre actividades que se desenvolverán no Auditorio Nós, recentemente inaugurado coincidindo coa celebración da última edición da Festa da Palabra. 

Desta forma, a Insua dos Poetas será escenario para acoller o próximo día 9 deste mes de setembro as proxeccións do filme "A última viaxe do afiador", ademais das curtas "Sons no camiño" e "O andar da pedra".

Esta actividade está prevista para as 21,00 horas, con todas as medidas de seguridade que se requiren contra o covid-19.

A programación da fundación tamén contempla para o 16 do mesmo mes de setembro un concerto do grupo musical Luar na Lubre. Será ás 19,00 horas e da mesma maneira cumprindo cos protocolos establecidos.

A Insua dos Poetas é unha paraxe natural que a fundación, contando coa Deputación de Ourense, foi transformando nun centro cultural ao aire libre, no que conviven as árbores coas esculturas e outros elementos como fontes e tamén o último engadido, que é un amplo e cómodo auditorio. 

Situada na localidade da Esgueva da parroquia carballiñesa de Madarnás, o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, xa adiantara que pretendía ser un lugar aberto aos concellos, asociacións e outras institucións para o desenvolvemento de actividades e espectáculos.

Te puede interesar