Concurso de relatos contra a violencia de xénero en Piñor

O Concello de Piñor convoca por primeira vez un concurso totalmente innovador, segundo o calificaron as autoridades locais, coa finalidade de sensibilizar á poboación na problemática da violencia de xénero. Como cada ano, este concello conta cunha programación para conmemorar o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero.
Dende anos atrás, vense levando a cabo o 'Mes contra a Violencia de Xénero', un conxunto de iniciativas para tódolos colectivos poboacionais destinadas á prevención e loita contra esta lacra social.


CONSULTA DE BASES

Este ano, para mobilizar ós máis cativos, convócase o primeiro Concurso de Mini-relatos Infantís Contra a Violencia de Xénero, no que poderán participar tódolos nenos e nenas que cursen dende quinto de Primaria a cuarto curso da ESO e que presenten un mini-relato vinculado a esta temática e que cumpla coas bases establecidas para tal fin, que poden ser consultadas nas oficinas municipais, redes sociais ou web do concello.

Ademáis, e por décimo ano consecutivo, xa está aberto o prazo para presentarse ó concurso de tarxetas do Nadal. Poderán participar nenos empadroados e que non pasen dos 16 anos.

Te puede interesar