O Conservatorio de música xa ten 159 alumnos

O orzamento do Conservatorio municipal de Música do Carballiño elevouse ós 200.000 euros, dos cales tan só 19.000 son aportados pola Xunta, según a concelleira de Educación, Asunción Rivero. O número de alumnos que acolle iste centro é de 159, cunha plantilla de nove profesores.
O alumnado e persoal docente do Conservatorio de Música do Carballiño celebrou con retraso a festividade da súa patrona, Santa Cecilia, coa organización dun festival na tarde de onte no Audi torio municipal. Iste centro de formación dependente do Concello 014creado no ano 1991014 integra unha escola de música e a titulación musical de grao medio para estudantes de entre 8 e 14 anos de idade, que son atendidos por unha plantilla de nove profesores baixo a dirección de José Fraiz.

A concelleira de Educación e Cultura, Asunción Rivero, indicou que ‘na actualidade hai matriculados 159 alumnos no Conservatorio, tanto do Carballiño coma doutros municipios da comarca, e o Concello está facendo un esforzo económico importante para mantelo, xa que o orzamento deste ano ascende ós 200.000 euros, dos cales tan só 19.000 euros corresponden a axudas económicas da Xunta’.

José Fraiz apuntou que ‘hai unha serie de ampliacións que habería que acometer no centro, como unha cabina de estudio e unha sala de percusión’.

No conservatorio impártanse as asignaturas de harmonía e as correspondentes a percusión, piano, clarinete, violín, trompeta, flauta, saxofón e outros instrumentos de vento-metal.


Te puede interesar