O Carballiño

Contacontos pola igualdade nos concellos da Mancomunidade de Carballiño

O Carballiño

Igualdade

Contacontos pola igualdade nos concellos da Mancomunidade de Carballiño

A actividade lévase a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero)

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño puxo en marcha a segunda edición do Contacontos Familiar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que se leva a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional contra a violencia de xénero), e que se desenvolve durante este fin de semana e o próximo.

Para a conmemoración de dita data, realizase nos diferentes concellos mancomunados unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación de diferentes contacontos: Rosalía, [email protected] por igual; Turia e O Dragón; O Rosa non é unha cor; e As princesas tamén tiran peidos; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias e para evitar o desenvolvemento de condutas pouco adaptativas.

Más en O Carballiño