Contacontos polo 25N, na Mancomunidade de Concellos do Carballiño

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño pon en marcha a cuarta edición do Contacontos Familiar, cofinanciada esta actividade polo Fondo Social Europeo, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres), e que terá lugar o próximo fin de semana.

Para a conmemoración de dita data, realizarase nos diferentes concellos mancomunados unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación de dous contacontos da man de Cristina Collazo: “Procúrase Pepa A Loba” e “María Pita, conversas cunha heroína”, coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.

Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable dentro do Programa de Educación Familiar, segundo sinalan os técnicos que desenvolven esta iniciativa.

O próximo sabado está prevista a representación de “María Pita, conversas cunha heroína”, en Beariz, ás 16,00 horas, no Centro Social A Forxa; e en Boborás, “Procúrase Pepa A Loba”, ás 19,00 horas, no Centro Sociocultural Manuel Chamoso Lamas. O domingo será en San Amaro, ás 16,30 horas, no CEIP Eulogio Gómez Franqueira, e en O Irixo, ás 19,00 horas, no salón multiusos do Concello.

Te puede interesar