Un contacontos para ter unha internet segura en O Irixo

 O colexio de Educación Infantil e Primaria Virxe da Pena da Sela, no Irixo, acolleu unha actividade enmarcada na segunda edición da Mobile Week Ourense arredor da ciberseguridade infantil. Un contacontos e un ilustrador narraron aos nenos o conto “Ciberseguridade con Sofía”, un conto que achega aos máis pequenos o uso seguro de internet. 

Con este conto ilustrado, os nenos acompañan a Sofía na resolución das súas inquietudes para gozar da informática e da rede dunha maneira segura e identificar os perigos e riscos que poden darse nesta contorna dixital. A través desta historia, compártense cos máis pequenos consellos e recomendacións básicas para un uso responsable da identidade na internet, a publicación de imaxes en redes sociais, a xestión de contrasinais ou a identificación de noticias falsas; á vez que se difunden valores esenciais de comportamento no ciberespazo: sentido común, respecto e empatía. A actividade está enmarcada no convenio entre o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Amtega.

Te puede interesar