Coto do Frade rexeita a planta de residuos fóra de plataformas

A asociación ecoloxista Coto do Frade, radicada na comarca do Ribeiro, anunciou o seu rexeitamento do proxecto de ubicación dunha planta de tratamento de residuos no Irixo, mantendo a súa aposta pola reciclaxe e a compostaxe. Integrantes deste colectivo participaron na asamblea convocada o pasado sábado pola plataforma 'Incineradora no Irixo, non', e quixeron deixar claro que non se integrarán nesta e en ningunha outra.
Neste sentido, os ecoloxistas de Coto do Frade alegan que en calquera momento, vai ser aproveitada por grupos políticos 'para facer unha utilización precisamente política'. Nembargantes, o colectivo vencellado ó Ribeiro apunta que 'outra cousa será o apoio que faremos a calquera acción puntual levada a cabo por esta plataforma', como acudir a plenos ou reunións para recoller información ou aportar iniciativas.

Te puede interesar