Un curso achega ós carballiñeses o coñecemento da lingua galega

A delegación da Federación de Mulleres Rurais (Femuro) no Carballiño anunciou que a Secretaría Xeral de Política Lingüística concedeu á entidade a organización dun curso de lingua galega, co obxectivo de obter o título denominado 'Celga IV' da Xunta. As clases formativas comezarán o vindeiro 19 de marzo, en horario de 10,30 a 12,30 horas.
O curso desenvolverase de luns a xoves no Centro Comarcal do Carballiño ata o 21 de maio, ata completar unha duración total de 70 horas formativas, indicadas para os exames para a titulación, que se realizarán no mes de xuño, e para os que hai que solicitar inscripción ata o vindeiro 3 de abril.

As persoas que non se anotaran con anterioridade no curso e desexen participar no mesmo, deberán achegarse ó punto de encontro da delegación de Femuro, no número 15 da rúa Castelao do Carballiño.

Te puede interesar