Curso de atención a persoas dependentes no Concello de Piñor

O Concello de Piñor pon en marcha un novo curso de 'Atención domiciliaria de persoas dependentes', iniciándose o vindeiro 19 de novembro, e que terá lugar tódolos luns e mércores de 17,00 a 20,00 horas, no Centro Social . Trátase dun curso formativo de atención domiciliaria a persoas dependentes, 'unha temática que está a ser moi demandada polo que se manterá aberta unha lista de reserva para evitar que quede algunha praza vacante no momento do seu inicio', segundo indicaron fontes do Concello.
O curso é totalmente gratuíto e ten unha duración de 30 horas, finalizando o 19 de decembro. Desenvolverase grazas ó convenio do Concello de Piñor coa Asociación Solidariedad Integeneracional.


NOVAS TECNOLOXÍAS

Grazas a este mesmo convenio, o Concello ofrecerá unha segunda actividade formativa: 'Curso de Iniciación ás Novas Tecnoloxías', iniciándose o vindeiro día 20 de novembro e que terá lugar os martes e xoves de 18,00 a 21,00 horas, no Concello Vello.

Trátase dun curso que pretende formar sobre a utilización do manexo do ordenador e de diversos programas informáticos. 'É unha iniciativa que propón intercambiar experiencias e dar novas propostas para progresar ata a igualdade de oportunidades na sociedade da información', sinalaron los organizadores do departamento de Servizos Sociais de Piñor. Todas as persoas interesadas en asistir deberán dirixirse a este departamento municipal.

Te puede interesar