FORMACIÓN

Un curso formará a 60 parados durante un ano

O programa de emprego busca cubrir a demanda do tecido industrial da comarca de 
O Carballiño 

Formación de desempregados con vistas a cubrir as demandas do tecido industrial de O Carballiño. Esto é o que persegue o Programa Integrado de Emprego 'Carbaemprega', do que se beneficiarán 60 desempregados, tras aprobar a Consellería de Economía, Emprego e Industria a solicitude do Concello de Carballiño. 

Para participar no curso, que arrancará en setembro e durará un ano, os interesados deberán ser perceptores de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción. 

O programa contempla accións específicas en técnicas de coaching, intelixencia emocional e de motivación para a busca de emprego, así como en novas tecnoloxías. Ademáis, se porá o foco nas habilidades prácticas vinculadas a sectores con implantación no tecido industrial da comarca.

Neste senso, as autoridades municipais tiveron en conta o proxecto de expansión da empresa constructora de torres eólicas Gestamp Wind, incluindo así no programa cursos de formación en soldadura e calderería. 

O orzamento do 'Carbaemprega' é de 104.426 euros, aportados pola consellería de Economía. Espérase acadar a reinserción laboral dun 45% dos participantes.

Te puede interesar