TALLERES

Curso formativo para coidadores de persoas con demencia en Carballiño

Este curso, que leva por lema “Xuntos nos coidamos”, terá lugar o 18 e 25 de novembro,

A área municipal de Benestar, Igualdade e Saúde do Carballiño, que dirixe Marina Ortega, organiza un curso formativo para coidadores de persoas con demencia. Este curso, que leva por lema “Xuntos nos coidamos”, terá lugar o 18 e 25 de novembro, de 16,00 a 20,00 horas, na Casa da Cultura.


Para inscribirse ou pedir máis información hai que facelo a través de Afaor (Agrupación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense), chamando ao teléfono 988-219292. 
Os participantes recibirán ao finalizar o curso un certificado de asistencia para que o poidan incluir no seu curriculum.


Este curso será un complemento doutra iniciativa que desenvolve este departamento municipal, contando coa colaboración de Afaor, e que consiste nun taller mediante o que se ofrece terapia a enfermos e familiares ou coidadores de persoas con alzheimer. 
Esta actividade, que conta cun total de 20 usuarios, ten lugar tódolos martes e xoves, de 10,00 a 13,00 horas, gracias a un convenio firmado entre os Servizos Sociais do Concello e entidade Afaor.

Te puede interesar