audiovisual

Unha curta do colexio de Cea vai a un festival de Croacia

 O Concello de Piñor proxecta a curta “Os xeranios do señor Alfonso", realizada polos alumnos do CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, centro educativo no que estudan tamén os rapaces de Piñor.

 O Concello de Piñor proxecta a curta “Os xeranios do señor Alfonso", realizada polos alumnos do CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, centro educativo no que estudan tamén os rapaces de Piñor. Este traballo será presentado nun festival de cinema en Croacia, que se celebra desde o 12 ao 17 de setembro, e o que asistirán os alumnos, despois de ser seleccionados entre máis de 1.000 participantes po esta curta, que quedou finalista na categoría de animación. 

Trátase da única representación española no festival no que participan 35 países, entre os que se atopan Estados Unidos, Irlanda, Dinamarca e Italia.

APOIO
Por este motivo, os responsables municipais sinalan que "o Concello de Piñor vai prestarlles todo o seu apoio e solicitamos a colaboración de todos os veciños e tamén das empresas, comercios, entre outros negocios, para poder sufragar os gastos desta viaxe".

A temática da curtametraxe é a comprensión, os coidados e o cariño como telón de fondo do despoboamento do rural, dúas xeracións que se atopan e que non se esquecerán xamais.

A proxección terá lugar o próximo venres, 4 de agosto, ás 20,00 horas, no Centro Social de Albarona, en Piñor. As autoridades locais invitan a asistir e tamén instan a prestar apoio aos alumnos.

Te puede interesar