O Carballiño

CxG propón solicitar á Xunta transporte público en Punxín

O Carballiño

transporte

CxG propón solicitar á Xunta transporte público en Punxín

O portavoz defenderá no pleno negociar coa cidade e a Xunta para ampliar a liña ourensá que só chega ata Santa Cruz 

O concelleiro do grupo municipal Compromiso por Galicia de Punxín, Eladio Fernández Vázquez, defenderá no pleno unha moción para activar o transporte público neste municipio. Para elo, propón solicitar á Xunta de Galicia e Concello de Ourense unha reunión para estudar a viabilidade de ampliar o percorrido da liña ourensá ata Punxín (tres quilómetros), que ata agora só chega a Santa Cruz. "Non dispoñemos dun transporte público con Ourense eficaz nin acorde ás necesidades actuais que atraiga a novos residentes, por o que debemos xuntar esforzos cos concellos limítrofes para conseguilo", apunta o concelleiro.

Eladio Fernández considera que, neste sentido, estase a dar unha oportunidade única ao ter que renovar a cidade de Ourense a súa concesión do transporte público, "xa que pódenos facilitar un convenio coa Xunta e Concello de Ourense activando unha ampliación da liña ourensá , que agora só chega ata Santa Cruz de Arrabaldo, e facendo que dispoña dunha parada máis en Punxín", engade.

Compromiso por Galicia "resístese á desaparición de Punxín como concello", segundo sinala, ao mesmo tempo que critica o que califica como inactividade da alcaldía deste municipio.

Más en O Carballiño