Un debate analizará a situación actual e problemas de difusión da lingua galega

A Casa da Cultura do Carballiño acolle hoxe o seminario titulado ‘Ás voltas coa amabilidade lingüística’, organizado dende a Mesa pola Normalización Lingüística da zona do Carballiño coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño.
Os organizadores sinalan que ‘diante dos ataques que a lingua galega está a recibir dende diversos sectores, tamén políticos, este acto está enfocado a explicar a actual situación do idioma galego, así como as últimas novas relativas ás medidas que está a adoptar o novo Goberno da Xunta e que supoñen un claro retroceso no estatus social e legal da nosa lingua’.

O seminario será impartido por María Xosé Rodríguez Rodríguez, profesora de galego no ensino secundario; Carlos Bello Bello, asesor xurídico; Luís Villares Villares, xuíz titular do Xulgado da Fonsagrada e voceiro de Xuíces pola Democracia en Galicia, e Francisco Álvarez Álvarez, biólogo, matemático e investigador e docente no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.

A presentación do acto correrá a cargo de Asunción Rivero, concelleira de Educación e Cultura do Concello do Carballiño, e de Eladino Cabanelas, responsable da Mesa pola Normalización do Carballiño.

Te puede interesar