O depósito de lodos na planta de Fontaíñas motiva sancións

Unha denuncia formulada polo colectivo ecoloxista Adega sobre o depósito de residuos no terreo destinado á planta de envasado de compost, nas Fontaíñas, en San Cristovo de Cea, derivou na apertura dun expediente sancionador por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
O organismo xestor da conca xustificou a incoación do expediente polo perigo de que o almacenamento de residuos agrícolas e lodos de depuradora nesa finca poida 'provocar a contaminación das augas continentais', en referencia ós mananciais de nacemento do río Carrás, que discurre polos municipios de Maside e Carballiño antes de desembocar no río Avia, en Leiro.

A Confederación advirte que os citados residuos atópanse 'sobre terreo sen tellar nin impermeabilización', polo que calquera escorrentía é susceptible do seu desprazamento. O Concello de Cea ordeara, no seu momento, a retirada urxente dos lodos.

Te puede interesar