AYUDA

A Deputación concede axudas a actividades no Carballiño

O goberno provincial destina 2.305 euros para tres actividades organizadas polo Concello

Un total de tres actividades deportivas organizadas polo Concello do Carballiño recibiron unha cantidade global de 2.305 euros de subvención por parte da Deputación provincial de Ourense. Concretamente, trátase do programa Verán Deportivo, que promove a Concellería de Deportes nos meses de xullo e agosto na pista polideportiva da Praza do Emigrante, e que tivo unha axuda de 1.169 euros.

Asemade, a institución provincial tamén concedeu 578 euros para a celebración da novena edición da Carreira Solidaria do Arenteiro, coa que colabora o clube de atletismo local  e que ten lugar na primavera. Finalmente, o XIII Día da Bici, que reúne, ó inicio do verán, a 700 afecionados, recibiu 558 euros.

O edil de Deportes, Manuel Dacal, agradeceu o apoio económico da Deputación, "que permite manter a nosa inquedanza polo fomento da práctica dos deportes, xa sexa correndo a pé ou en bicicleta ou con xogos de balón, entre os máis cativos". Este departamento municipal tamén colabora coas iniciativas que parten das asociacións existentes no municipio.

Te puede interesar