Desinfección gratuíta de vehículos na rúa Ben-Cho-Shey de Carballiño

As persoas interesadas en levar a cabo esta limpeza dos seus vehículos deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono do Concello do Carballiño

A compañía aseguradora Mapfre, en colaboración co Concello do Carballiño, pon en marcha unha campaña gratuíta de desinfección de vehículos con ozono, que terá lugar os próximos días 6 e 7 de xullo, segundo informan os responsables municipais.

As desinfeccións realizaranse na zona de aparcamento da rúa Ben-Cho-Shey, en horario de 09,00 a 14,00 horas, e de 16,00 a 19,30 horas.

Segundo sinalan as autoridades municipais, a limpeza de cada vehículo tarda ao redor de 10 minutos, mentres que a duración da desinfección prolóngase ata un total de seis meses.

As persoas interesadas en levar a cabo esta limpeza dos seus vehículos deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono do Concello do Carballiño 988 530007, en horario laboral, de 08,00 e 14,30 horas.

Nas oficinas municipais darán información sobre os pasos a seguir para ser beneficiarios desta desinfección.

Te puede interesar