POLÉMICA

Discrepancias no goberno de Piñor pola obra da Eira de Freás

"Esta obra contempla o pavimentado de dúas eiras, e é a Xunta quen se encarga da súa adxudicación", asegurou o rexidor da localidade

O grupo municipal Veciños de Piñor, que cogoberna o Concello co Partido Popular, amosou as súas reticencias polo convenio asinado entre Alcaldía e Consellería de Medio Ambiente para a rehabilitación dunha eira pública. Ó respecto, Xosé Uxío Rodríguez Blanco, voceiro do citado grupo e tamén tenente de alcalde, suliñou onte que "queremos mostrar a nosa disconformidade co proxecto da obra na Eira de Freás, por importe de 106.000 euros, por considerar que con ese diñeiro se poderían acometer outras obras máis necesarias para os veciños".

Uxío Rodríguez engadiu que "xa pedimos unha copia do convenio, para ver se nos convencen as obras, pero dános a impresión de que o alcalde quixo rentabilizar os votos cara a cita do  25 de setembro". Pola súa banda, o alcalde, José Luis González, do PP, apuntou que "esta obra contempla o pavimentado de dúas eiras, e é a Xunta quen se encarga da súa adxudicación". O rexedor matizou tamén que "foron os propios técnicos de Medio Ambiente quenes fixeron a valoración do proxecto". 

Te puede interesar