Doce parellas aprenderán a aplicar masaxes ós seus bebés

A Concellería de Servizos Sociais do Carballiño convida a 12 parellas a un programa de aprendizaxe de técnicas de estimulación e relaxación para os seus bebés, que se desenvolverá o 5 e 6 de agosto a cargo dunha monitora.
As masaxes a nenos e nenas de ata un ano de idade serán o elemento central do programa ‘Shantala’ que vai desenvolver a Concellería de Servizos Sociais do Carballiño no vindeiro mes de agosto, dentro do plan de Concellos Saudables.

A convocatoria está aberta ‘a un máximo de 12 parellas con fillos ou a punto de telos, que poderán mellorar os estímulos afectivos cos pequenos ó traverso de masaxes estimulantes ou relaxantes’, sinalou Asunción Rivero, responsable desta área municipal.

Unha monitora especializada en Fisioterapia se encargará de impartir os contidos teóricos e prácticos, que se desenvolverán os días 5 e 6 do vindeiro mes de agosto, a partires das seis do serán, no local que Concello carbaliñés posúe en aluguer fronte ó colegio ‘Calvo Sotelo’.

Te puede interesar