Unha dotación de 3.000 euros destinarase a lotes de comida

As persoas ou familias que se atopen en situación de exclusión social, emigrantes retornados ou inmigrantes sen ingresos serán os beneficiarios do Banco de Alimentos do Concello do Carballiño.
A Concellería de Benestar Social abrirá un prazo para a distribución dun total de 3.000 euros en lotes de comida non perecedeira, cun investimento de 20 euros por lote. A responsable deste departamento, Purificación Alberte, suliñou que 'os lotes estarán compostos de leite, aceite, azucre, lentellas, fabas, garbanzos, pasta, cereais e biscoitos'. O Concello valorará o número de membros da unidade familiar e os seus ingresos.

Te puede interesar