Dous menores de Marruecos viaxaban sen billete dende Carballiño a Santiago

A Policía Local do Carballiño participou na devolución de dous menores de orixen marroquí, que según manifestaron ós axentes escaparan en días anteriores dun centro de menores da Comunidade de Madrid. Os feitos tiveron lugar ás 18.00 horas do pasado luns, cando dende a estación de Renfe da vila do Arenteiro informouse da localización de dous viaxeiros que non tiñan billete.
A intención dos xóvenes era viaxar dende Carballiño a Santiago de Compostela no tren rexional, pero o revisor diuse conta de que non mercaran o billete correspondente nas oficinas da estación, e avisou ó responsable destas. Unha patrulla policial personouse nas instalacións ferroviarias e procedeu á identificación de M.R. e R.A., ambolosdous de nacionalidade marroquí e de 15 anos de idade.

Os rapaces aseguraron que ‘se fugaran dun centro de menores da comunidade madrileña, pero é un dato que nós non corroboramos’, dixo o xefe da Policía Local, o cabo Francisco Valeiras. Os axentes informaron á Policía Autonómica, que é competente en extranxería. Unha patrulla trasladou aos xóvenes ó Centro de Menores da Carballeira.

Te puede interesar