Nove Dous presentou un espectáculo contemporáneo que impactou ó público

LR-   Na segunda xornada do Festival do Teatro Galego, a compañía do Carballiño Nove Dous, organizadora do evento, presentou un espectáculo novedoso de teatro contemporáneo no que os sentidos dos espectadores tiveron a oportunidade de agudizarse ante a esté tica da montaxe na que ocupan un espacio fundamental a iluminación e a música. Coa obra ‘As veces sentímonos tan cansos, que facemos estas cousas’, os integrantes de Nove Dous rendiron unha homenaxe ás pulpeiras de Arcos.
A compañía carballiñesa Nove Dous representou onte dentro do Festival do Teatro Galego ‘As veces sentímonos tan cansos, que facemos estas cousas’. Un espectáculo de teatro contemporáneo, con textos de Rodrígo García e dirixida por Roberto Cerdá, que é profesor de arte dramático en Marruecos e tamén o responsable do Festival de Teatro Contemporáneo de Madrid.

Unha obra impactante para o público, na que se abordou a temática dunha sociedade enferma e, en consecuencia, dos pensamento deformados das persoas.

Nove Dous, organizadora do festival carballiñés xunto coa firma ourensana Arteficción, aproveitou esta montaxe para rendir unha homenaxe ós pulpeiros de Arcos, de onde é natural a actriz Josi Lage, fundadora da compañía xunto con Jouse García. Desta maneira, o absurdo plasmábase no escenario coa operación quirúrxica dunhos pulpos (que representaban á sociedade enferma). Así, ó forte impacto da iluminación e do son, tamén despertaba o sentido do olfato o olor a pulpo.

Josi Lage falaba da montaxe horas antes da representación e dicía que ‘o público ten que deixar libres os sentidos para disfrutar do espectáculo, para que lle entre polos ollos, polos oidos e incluso polo olfato’.

‘As veces sentímonos tan casos, que facemos estas cousas’ estrenouse a finais do pasado mes de xuño en Santiago, conseguindo unha moi boa acollida entre os espectadores. Onte, no multifuncional do Carballiño, foi a séptima representación.

A trama desenrolase nun hospital a cargo dos actores Jouse García e Marián Bañobre, ambos premios María Casares no 2006, xunto con Josi Lage, que xa traballou con Garci e na serie ‘Libro de familia’, e Lois Soaxe.

Te puede interesar