O CARBALLIÑO

Dúas rúas pasan a ser de sentido único para crear aparcadoiros

A rúa Circunvalación terá como sentido único a saída cara á Avenida do Parque, e a rúa Comunidade Valenciana o terá con saída á Avenida de Galicia

As rúas Circunvalación e Comunidade Valenciana do Carballiño pasan a ser de sentido único a partir de hoxe. A rúa Circunvalación terá como sentido único a saída cara á Avenida do Parque, e a rúa Comunidade Valenciana o terá con saída á Avenida de Galicia, segundo informou a Concellería de Tráfico.

Estes cambios están motivados pola nova regulación do tráfico na Avenida Comunidade de Galicia que, co obxecto de habilitar aparcadoiros, desprazarase o eixo da calzada, o que afecta as rúas adxacentes Circunvalación e Comunidade Valenciana, cuxos sentidos únicos establécense para mellorar a seguridade vial. Trátase dun dos cambios na circulación nos que traballa o Concello, que xa anunciou tamén a realización de probas con sentido único nas rúas Otero Pedrayo e Evaristo Vaamonde para crear prazas de aparcadoiro.

Te puede interesar