Os ecoloxistas desexan saber a causa da morte de cans en 2009

Os grupos ecoloxistas Amigos da Terra e Matar por matar non recurriron de novo ante a Audiencia provincial o arquivo da causa encol da morte de máis de 70 animais na canceira municipal do Carballiño, detectada en marzo de 2009. O Xulgado de Instrucción número un resolveu arquivar o proceso por terceira vez consecutiva, 'sen que se practicasen as probas testificais que solicitou a Audiencia', suliña Xulio Rodríguez, de Matar por matar non.
Os ecoloxistas, tras topar os cans mortos nas instalacións municipais, presentaron unha denuncia ante o Seprona, que derivou na apertura dun expediente xudicial contra o Concello do Carballiño ante o citado Xulgado. 'Nós queremos saber quen causou a morte dos cans, non se estaban mal enterrados', apunta Xulio Fernández. Por elo, piden que acudan a testificar os responsables municipais da canceira.

Te puede interesar