Autor e director de ‘Extrarradios’

Eduardo Alonso: ‘Ó público gústalle a comedia pero non se deixa levar só polos sentimentos’

El autor y director Eduardo Alonso. (Foto: Archivo )
‘Extrarradios’ é una comedia ácida e crítica sobre situacións de marxinalidade da realidade actual. Así a califica o seu autor e director, Eduardo Alonso, quen asegura que ‘vai gustar’.
Teatro do Noroeste pecha hoxe o programa do Festival de Teatro Galego do Carballiño, que se clausura mañá ca celebración dunha gala. ‘Extrarradios’ foi escrita e está dirixida por Eduardo Alonso.

¿De novo no Festival de Teatro do Carballiño?

Si, é o segundo ano consecutivo e estamos moi contentos de participar porque hai moi poucos festivais deste tipo en Galicia e menos nestas datas.

¿Como resultou o ano pasado?

Moi ben, representamos ‘Romeo y Julieta’, algo moi diferente ó de este ano, porque tiña un reparto moi grande e de xente nova, e na obra desta noite só traballan dúas actrices: Luma Gómez e Victoria Pérez, de amplia traxectoria profesional, ó mesmo tempo que pasamos dun texto clásico a unha comedia.

¿Como é o espectáculo desta noite?

É unha comedia ácida sobre dúas mulleres desamparadas, son seres que viven na marxinalidade social actual. Por eso, tamén é unha comedia crítica, que segue a liña nosa de facer obras sobre situacións do século XXI. O público vaino pasar moi ben, nós traballamos para un público intelixente.

¿É a comedia o xénero que prefire o espectador?

A verdade é que si, o que non quere dicir que non guste tamén unha traxedia, pero de entrada acude ó teatro para pasalo ben. Pero a comedia tamén ten que ser motivo dunha análise do que está pasando e nese sentido é moi interesante: posibilita a análise do que se está vendo e o espectador non se deixa levar únicamente polos sentimentos.

A organización dixo que se elexiron para o festival os mellores espectáculos do momento, ¿que lle parece?

É un espectáculo competitivo e interesante, non me gusta dicir que é o mellor, pero si que está funcionando ben entre o público e a crítica, como dos mellores de España e Europa. O impor tante é que o espectador poida conectar coa obra e saque algo en limpo.

¿É unha comedia ó máis puro estilo clásico?

É unha comedia moderna, que o público entende perfectamente e que tamén incorpora audiovisual pero para conectar co espectador, non se utilizan eses elementos para experimentar senon para comunicar.

¿Levan moitas representacións?

Si moitas, estamos máis ou menos pola mitade porque pensamos mantela en cartel durante o ano que ven. Levamos máis de 20 actuacións e esperamos seguir ata alcanzar as 40 funcións.

¿Canto tempo leva traballando Teatro do Noroeste?

Dende o ano 1986, pero ó Carballiño é a segunda vez que vimos antes do ano pasado non estivemos neste festival.

Te puede interesar