Unha emotiva despedida ó mestre Juan Corral

Baltar, entre Iván e Juan Corral, con Avelino detrás.
Un milleiro de persoas participou onte na conducción, funeral e enterro de Juan Corral Pajariño, o mestre de cinco xeracións de estudantes que recibiron as súas ensinanzas no colexio que posuiu na vila do Arenteiro.
O templo da Veracruz do Carballiño acolleu na tarde de onte o funeral polo pasamento de Juan Corral Pajariño, antes da súa inhumación no cemiterio de Señorín. Un milleiro de persoas acudiu a emotiva despedida do veterán mestre, fundador do colexio ’Isabel La Católica’ polo que pasaron cinco xeracións de estudantes da vila e do resto da comarca. Don Juan, como era coñecido popularmente, deixa tres fillos: Juan Corral, ex conselleiro de Traballo e presidente da Autoridad Portuaria de Vigo; Avelino, xubilado de banca, e Iván, presidente da Federación Galega de Automobilismo.

Nos actos fúnebres atopábanse o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, o alcalde Carlos Montes e concelleiros da Corporación.

Te puede interesar