O Carballiño

Os escolares celebraron as Letras Galegas con obradoiros

O Carballiño

Os escolares celebraron as Letras Galegas con obradoiros

A concellería de cultura está repartindo marcapáxinas en conmemoración de Carballo Calero

Dous obradoiros nos centros educativos Calvo Sotelo e Vila do Arenteiro do Carballiño, que tiveron lugar nestes últimos dous días, puxeron o colofón ás actividades escolares desenvolvidas polo Servizo de Normalización Lingüística da área de Educación do concello, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, aprazado para este mes de outubro pola Real Academia Galega por causa da pandemia do covid-19.

En concreto, o pasado luns tivo lugar o obradoiro "Ernestina Otero, semente de igualdade, semente de liberdade". Este obradoiro creativo que mestura a arte de contar contos coa arte de ilustralos e pintalos, estivo dirixido ao alumnado de cinco anos do CEIP Calvo Sotelo.

E onte desenvolvouse outro obradoiro de taboleiros medievais no CPR Vila do Arenteiro para alumnado de terceiro da ESO, no que se coñeceu como se entretiñan e a que xogaban os nenos na Idade Media, e como esa pegada quedou plasmada no legado artístico da comarca, segundo sinalan os organizadores desta actividade.

Así mesmo, os responsables do departamento municipal de Cultura afirman que seguen a repartirse 3.000 marcapáxinas entre escolares e demais veciños do Carballiño, en conmemoración de Ricardo Carballo Calero, a quen se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas.

Más en O Carballiño