Os escolares visitan a mostra da electricidade

Expositores con más de 300 pezas ilustrativas da chegada da electricidade ao Carballiño. (Foto: A. Reboiro)
photo_camera Expositores con más de 300 pezas ilustrativas da chegada da electricidade ao Carballiño. (Foto: A. Reboiro)

A organización da exposición “Historia da luz na comarca do Carballiño”, inaugurada na data do pasado 7 de abril no Instituto Manuel Chamoso Lamas de Carballiño, á vista da grata e aceptable acollida que vén tendo, acordou ampliar a súa apertura ao público ata o próximo 12 de maio inclusive, de luns a venres, co horario de 11,00 a 13,30 horas e de tarde dende as 18,00 ás 21,00 horas; menos os venres que será de 18,00 ás 19,00 horas.

Dita exposición xa foi visitada por gran numero de personas e con especial proxección para o propio instituto, pero espérase  poder contar coa presencia de outros centros escolares da comarca.

A mostra está organizada por os grupos Mamoa Verde, Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro, Centro de Estudios Chamoso Lamas e o propio IES Chamoso Lamas do Carballiño.

Trátase de máis de 300 pezas e documentos orixinales, seleccionados e organizados en expositores e con paneles explicativos, que permiten un recorrido pola historia da electrificación na comarca.

Te puede interesar