A escultura do emigrante de Carballiño loce 14 formas luminosas

O monumento ao emigrante, en Carballiño (C.R.).
photo_camera O monumento ao emigrante, en Carballiño (C.R.).
Para a súa posta en marcha elexiuse a modalidade fixa da cor violeta, característica da cocción do pulpo, nunha clara homenaxe á tradición pulpeira do Carballiño.

A fonte do monumento dedicado á emigración "Munten", do artista carballiñés Xesús Carballido e situada na Praza do Emigrante do, conta con novos sistemas hidráulicos e lumínicos, permitindo ata catorce modos diferentes de funcionamento con sete cores fixas e sete secuencias de cores diferentes. Para a súa posta en marcha elexiuse a modalidade fixa da cor violeta, característica da cocción do pulpo, nunha clara homenaxe á tradición pulpeira do Carballiño.

Trátase dunha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rita Soto, e que ten por obxectivo renovar as fontes da vila adaptándoas á normativa de eficiencia enerxética, así como a súa posta en valor como elementos de embelecemento das prazas e espazos públicos municipais. Neste sentido, esta fonte é a primeira que conta con todas as medidas medioambientais e de eficiencia enerxética establecidas e que, polo tanto, está totalmente legalizada.

O monumento "Munten", obra de Xesús Carballiño, rodeado por un estanque-fonte deseñado polo arquitecto ourensán Fernando Martínez Lamas, autor asimesmo do aparcamento soterrado e das prazas da Alameda e do Emigrante, inaugurouse no ano 2003 e foi restaurado nos anos 2014 e 2017.

O monumento é unha estrutura de ferro recuberta por 600 placas de cobre con signos arcaicos e actuais grabados artesanalmente, alusivos ás culturas das máis de medio cento de cidades do mundo onde residen emigrantes.

Te puede interesar