política

Espazo Común pide transporte para a escolar de Fonteantiga

Insta cunha moción ao alcalde a dirixirse á Xunta para que non teña que camiñar quilómetro e medio

O grupo municipal de Espazo Común do Carballiño mantivo unha reunión coa familia Blasi Moledo, veciños de Fonteantiga, que leva tempo demandando que se habilite para a súa filla Uxía, de 14 anos, un transporte que lle permita acudir ao seu centro escolar. Este grupo defenderá nun pleno que se busque unha solución ao problema desta familia.

"Como primeira medida demandamos que o alcalde solicite unha reunión de máxima urxencia cos responsables de transporte da Xunta de Galicia para facerlles saber de primeira man a implicación de todo o noso pobo para axudar a que Uxía poida acudir ao colexio con normalidade", sinala e engade que "estamos ante un caso evidente de penalización a unha familia nova que ten a valentía de trasladarse a vivir ao rural". No caso de non atenderse as súas razoables demandas, Uxía debera percorrer cada día ás 08,00 horas, sendo na maior parte do inverno noite pecha, un quilómetro e medio polo medio dun escuro e escarpado monte para poder coller o autobús escolar.

Te puede interesar