A iniciativa da asociación 'A Uceira' recuperará unha finca municipal

Os estudantes cultivarán unha horta ecolóxica

Aspecto da finca que vai ser recuperada.
A coñecida como 'Caseta do peón caminero', unha antigua construcción situada na avenida residencial do Parque municipal do Carballiño, acollerá dende a vindeira primavera actividades agrícolas promovidas pola Asociación de Nais e Pais do colexio público Calvo Sotelo da vila.
O obxectivo desta iniciativa é a recuperación, con fines didácticos, da finca ubicada dentro desta propiedade, que foi transferida ó Concello pola anterior Consellería de Política Territorial. Un voceiro do colectivo escolar, Ricardo Paz, suliña que 'esta será unha das actividades que ofertamos para este curso, retomando unha experiencia iniciada o ano pasado'.

O programa dará comezo no mes de marzo, coincidindo co ciclo biolóxico das prantas de horta, e tanto pais como alumnos traballarán con sementes ecolóxicas para o cultivo de patatas, tomates, cenorias, cabacíns e millo, entre outras variedades.


INSTALACIÓNS

Ricardo Paz comenta que 'a nosa intención é extender este programa ata os albores do seguinte curso, aló polo mes de setembro, tendo en conta que esa é a época de colleita deste tipo de productos do agro'. A ANPA 'A Uceira' distribuiu entre os afiliados unha folla de inscripción, 'na que deberán indicar cal é o seu día preferido da semana para levar a cabo as tarefas nesta horta'. O Concello carballiñés porá a disposición da entidade escolar as instalacións da 'Caseta do peón', que inicialmente estaba prevista como sede da Sociedade de Pesca 'Arenteiro', que hai dous anos foi trasladada á Escola de Pesca ubicada no Parque Etnográfico do Carballiño.

A falla de utilización do inmoble que antes pousía a Xunta e a súa antigüidade motivarán a elaboración dun proxecto de acondicionamento, según adiantou o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, se ben está a espera da correspondente dotación presupostaria. As previsións do Concello é que esta caseta sexa adicada en exclusiva a temas vencellados co medio ambiente, ó traverso da creación dunha 'aula da natureza', con salas de exposicións e de actividades, para a que o colectivo ecoloxista 'Outeiro' está perfilando un deseño.

Te puede interesar