Exposición relativa á historia de San Amaro

undefined
photo_camera Carlos Paz na sala de exposicións, en San Cibrao de Las.
O proxecto Biblioteca Vivente busca poñer en valor o patrimonio inmaterial das súas parroquias e das súas xentes

A Área de Cultura do Concello de San Amaro poñía en marcha o 30 de novembro de 2019 a Biblioteca Vivente, un proxecto que nacía pensando en recoller e poñer en valor o patrimonio inmaterial das súas parroquias e das súas xentes a través da memoria oral dos máis maiores, un arquivo fotográfico dixital e un arquivo de referencias históricas. As condicións especiais do 2020 non permitiron avanzar coas gravacións audiovisuais, aínda que o concelleiro de Cultura, Carlos Paz, presentou unha exposición de 12 paneis con algunhas das fotografías e das referencias recollidas para o arquivo da Biblioteca Vivente. "Nela poderemos comparar o aspecto do concello entre os anos 1957 e 2011 ou coñecer o número de vivendas e habitantes existentes en cada aldea no censo de 1887", entre outras curiosidades. 

A exposición "San Amaro na memoria" permanecé aberta desde onte ata o próximo 8 de febreiro no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, para despois comezar unha itinerancia por distintos puntos do termo municipal.

Te puede interesar