A Feira Medieval reforza a 61 Festa do Pulpo

a liorta
“A Liorta”, do 4 ao 6 de agosto, ofrece música e diversidade de espectáculos na rúa

A Festa do Pulpo reforza nesta 61 edición a súa programación, trasladando ao mes de agosto a Feira Medieval “A Liorta”, que ofrecerá espectáculos musicais, de lume ou circo, entre outras propostas. Celebrarase do 4 ao 6 polas rúas do centro da vila e na Praza da Veracruz, en horario de tarde o venres e de mañá e tarde o resto da fin de semana.

Despois de estrearse como Festa de Interese Turístico Internacional na pasada edición, este verán potenciarase a Festa do Pulpo dentro da Ruta Xacobea coa dedicación da celebración ao Camiño Miñoto.

A gran comida de exaltación de este manxar terá lugar no Parque Municipal, o 13 de agosto. Unha das novidades desta edición será a recuperación da música tradicional cos concertos Son do Pulpo, a cargo de Coribantes de Buchabade e Ardentía.

O Concello do Carballiño puxo onte pola maña a disposición do público 500 tarxetas para poder comer no recinto oficial, con un precio de 45 euros por comensal, e ao final da mañá xa tan só quedaban 33 por vender.

Por outra banda, os responsables municipais da organización, concretamente as concellerías de Cultura e de Turismo, fixeron públicos os prezos máximos que deberán cobrar nos bares ambulantes e pulpeiras que se instalan ese día no Parque municipal. Así a ración de pulpo será a 10 euros, e terán o mesmo prezo a carne cocida, o churrasco e a costela. A ración de empanada será a 4 euros e a botella do viño de mesa a 6 euros, mentres cervexa e refrescos serán a 2,50 euros.

Te puede interesar