A Festa das Parroquias cumple 20 anos no pobo de Veiga

A localidade de Veiga acollerá o próximo 3 de xuño a XX Festa das Parroquias do Carballiño. Este ano tócalle a asociación de veciños deste pobo a organización, que se ven facendo de forma rotativa dende fai 20 anos. Onte daban a coñecer a programación o presidente da entidade, Eulogio Alonso, a vicepresidenta, Rosana Gonzalez, e o secretario da Federación de Asociacións, Adolfo Otero Loureiro, acompañados polo alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes.
Para o día 1 de xuño está prevista unha conferencia previa de Francisco Valeiras sobre o cuidado do medio ambiente e, xa no domingo, haberá exposicións, misa, actuación da Banda do Carballiño e comida no campo da festa de Veiga.

Te puede interesar