A Festa do Pulpo terá un plan de seguridade con 150 persoas

seguridade
photo_camera Membros do Concello e das forzas de seguridade durante a xuntanza.
Membros do Grupo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, 112, Cruz Vermella, axentes da Policía Local, Policía Autonómica, Garda Civil e Bombeiros participarán no operativo previsto para o domingo 14

O Concello do Carballiño ultima todos os detalles para a súa festa por excelencia e, para que todo transcorra con normalidade e sen incidencias, o operativo de seguridade estará integrado por 150 persoas. Neste senso, membros do Grupo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, 112, Cruz Vermella, axentes da Policía Local, Policía Autonómica, Garda Civil e Bombeiros participarán no operativo previsto para o domingo 14, día grande dos festexos. O dipositivo completarase con tres ambulancias, que estarán ubicadas no parque da localidade. 

Unha trintena de pulpeiras encargarase de ofrecer o prato estrela no mesmo parque municipal e outras 40 estenderanse por toda a vila. Tamén haberá un cento de postos.

Te puede interesar