carballiño

A festa Special Olympics reunirá a 900 asistentes no Carballiño

Acto de presentación da xornada de convivencia.
photo_camera Acto de presentación da xornada de convivencia.

Unha xornada de convivencia coa que se persegue visibilizar o mundo da discapacidade intelectual

Ao redor de 900 persoas participarán o próximo domingo na 23 Convivencia Familiar Special Olympics Galicia, a festa anual das familias de persoas con discapacidade intelectual, que se ven celebrando no Parque municipal do Carballiño desde hai vinte anos, e que nesta ocasión debido á previsión de mal tempo, trasládase ao Instituto Nº 1.

A celebración foi presentada nun acto no que participou o alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Servizos Sociais, Guadalupe Sobrado; o presidente de Fademga e Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; a presidenta de Aspadisi, Josefa Rodríguez, ademais de tres mozos integrantes desta asociación carballiñesa. Persoas con discapacidade intelectual, familias e voluntarios de toda Galicia e tamén de Asturias, asistirán a este evento que comezará ás 11,00, e rematará ás 19,00 horas. Nesta edición as medallas honoríficas serán para Marcelo de la Cruz, presidente da asociación de país e nais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago, e para o exconselleiro de Política Social da Xunta, José Manuel Rey Varela.

Eladio Fernández agradeceu a colaboración do concello e sinalou a Aspadisi como un referente do movemento asociativo en Galicia. O obxectivo desta xornada de convivencia está en visibilizar o mundo da discapacidade intelectual así como das súas necesidades para poder incrementar a presencia destas persoas na sociedade, indicou. Josefa Rodríguez destacou o traballo que realizan os membros de Aspadisi no centro ocupacional, onde atenden encargos de todo tipo, incluso da Xunta de Galicia, e que aportan como agasallo na festa un bloc imantado.

Te puede interesar