Servizos

As festas do Nadal cambian o horario na recollida de lixo en Carballiño

O Concello do Carballiño solicita a colaboración da veciñanza para que non se deposite o lixo nos contedores a partir das 16,00 horas do día de hoxe, 31 de decembro.

A Deputación Provincial de Ourense, responsable da recollida de lixo, comunicou ao Concello do Carballiño que vai adiantar a recollida ás 16,00 horas deste xoves debido á festividade do día 1 de xaneiro.

Ante este feito, os responsables municipais piden a colaboración dos veciños para que eviten o depósito dos residuos despois da hora sinalada e ata a tarde do día 1 de xaneiro.  As autoridades locais instan así a utilizar este servizo ao longo da mañá desta xornada na que se celebra o feirón de fin de ano no Carballiño, para evitar a acumulación de lixo e os malos cheiros nas rúas.

Tamén recorda que o día 2 de xaneiro haberá unha ampliación do servizo de recollida debido ao gran consumo que se agarda nestas datas.

Te puede interesar