Francisco Fumega sustituirá a Guillermo Fernández á fronte do PSdeG da comarca

Francisco Fumega. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A agrupación comarcal do PSdeG-PSOE do Carballiño acometerá unha profunda renovación dos seus cargos na executiva, da que na actualidade Guillermo Fernández Dopazo é secretario xeral. Iste deixará o seu posto antes do vindeiro 10 de xullo para ser sustituído polo voceiro do grupo socialista na Corporación carballiñesa, Francisco Fumega Piñeiro, que precisamente cumpría 51 anos o pasado martes.
Así, Fernández Dopazo centrarase a partires deste verán na súa dobre tarefa de único edil do PSdeG na Corporación de San Cristovo de Cea e de membro da Deputación provincial polo distrito comarcal do Carballiño.

Francisco Fumega apuntou que afronta a súa nova etapa 'para encabezar un proxecto ilusionante para os cidadáns e rematar así co estado de parálise ó que estamos sometidos por parte do Concello carballiñés, a Deputación e a Xunta'. Neste sentido, o concelleiro socialista lamentou que 'o señor Marnotes vote, coma deputado provincial do PP, en contra da defensa do Partido Xudicial, e aquí o faga a favor como alcalde do mesmo partido'.

Os máis de 100 militantes socialistas da agrupación do Carballiño serán convocados próximamente para coñecer a valoración do grupo municipal do PSdeG encol do primeiro ano de mandato dos 'populares' no Concello. Ademais da renovación dos postos na executiva, tamén comezarán a perfilar as bases do que será o programa electoral para as eleccións municipais do ano 2015.

Te puede interesar