'Gaivotas subterráneas', a ganadora dos Premios Fetega

Momento dunha representación. (Foto: M.P.)
A 24 edición do Festival de Teatro Galego clausurábase onte co actor e humorista Carlos Blanco, que presentou o seu monólogo 'Ao vivo...de momento'. Unha representación coa que conseguiu durante 90 minutos a risa a raudales dos numerosos espectadores que asistiron. Previamente, a Asociación Cultura Fetega daba a coñecer os premios deste ano, que recaeron en Luis Iglesias, como Mellor Actor polo seu papel en 'Gaivotas subterráneas'. Esta mesma obra tamén foi merecedora do premio ó Mellor Espectáculo, mentras o premio Honorífico Fetega recaeu en Eduardo Alonso.
O Festival de Teatro Galego arrancaba o pasado martes coa compañía Mofa e Befa e a súa comedia 'Románticos', nas seguintes xornadas actuaron 'Gaivotas subterráneas' e Talía Teatro con unha obra de intriga: 'O método Gronholm'. Todolos días houbo actividades pola tarde para os nenos.

Te puede interesar