entrevista - fetega

Marta Pazos: "Este galardón foi unha sorpresa gratificante. Estou nunha época moi dulce a nivel laboral"

mapa_result
photo_camera La directora escénica Marta Pazos.

O Festival de Teatro de Galicia de Carballiño levantará o telón do Auditorio Municipal esta tarde. Para ir abrindo apetito, a elexida co premio de Honra "Dorotea Bárcena" do Fetega mostrou a súa sopresa ante este galardón, a importancia da muller nesta nova edición e no mundo do teatro e falou dos seus proxectos de futuro

Como foi coñecer a nova de que recibiría este galardón?

Cando Josi Lage me chamou para contarmo foi unha sorpresa moi grande e moi grata. Eu sempre pensei que os premios de honra eran para a xente de xeracións por riba da miña, cunha traxectoria máis ampla, pero estou moi agradecida. Mirando atrás, xa levo 20 anos no teatro e 19 como directora, que tampouco son tan poucos anos. 

Esta é a primeira vez que participa no Fetega?

Sí, é o primeiro ano. Quixemos vir en outras ocasión pero por axenda non nos coincidiu ben e agora vou nesta tesitura. Aínda que sempre estiven moi pendente deste festival e da súa programación. É un placer vir como premiada e sobre todo nunha edición que rinde homenaxe á muller e ó noso traballo.

Como muller, como valora que se faga ese recoñecemento cunha presencia feminina do 90%?

A todos os niveis. No apartado técnico é onde máis falla fai valorar a cantidade de dramaturgas, técnicas, directoras... Xeralmente os papeis máis importantes son sempre para homes e as mulleres de certa idade teñen máis problemas para sair a escea. Estase facendo un traballo de concienciación moi importante que pouco a pouco comezará a dar os seus froitos. 

Que proxectos de futuro ten en marcha?

Agora estou preparando dúas óperas que estrearei no 2019 en Madrid, Barcelona e Galicia. No Centro Dramático Nacional estrearemos "El Garaje", que é un proxecto que comezamos en Francia o ano pasado e xa presentamos en Galicia. Tamén teño dúas pezas de teatro en marcha e non podo coller máis cousas por falta de tempo, se non si que faría máis. A verdade é que estou vivindo un momento moi dulce e gratificante, recollendo froitos de tantos anos de traballo dentro desta profesión. Teño un equipo de 10, que fan todo o posible para encaixar todo o traballo.

Ca súa traxectoria a nivel nacional y incluso fóra, como valora o teatro galego?

Eu creo que aquí hai un gran talento, a nivel teatral e noutras artes. Estase facendo moito e fóra estase vendo. Estamos vivindo unha época dourada do teatro na que se están vendo cousas moi interesantes. Cando saio de Galicia ou traballo con xente doutros sitios quedan moi asombrados.

Te puede interesar