O Carballiño

GRI Towers mellora o seu proceso de dixitalización

a convocatoria terá como obxectivo "o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a fabricación 4.0 de compoñentes eólicos

A Xunta publicará mañán a resolución da cuarta convocatoria do programa Fábrica intelixente e sostible que, entre outros proxectos, apoiará  a iniciativa Windin 4.0, liderada por GRI Towers, unha compañía que está no parque empresarial de Carballiño. Segundo anunciou a Xunta a convocatoria terá como obxectivo "o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a fabricación 4.0 de compoñentes eólicos". GRI Towers contará cun apoio público que supera o millón de euros.

A empresa, coa colaboración tamén de Agata Technology, situada en Oleiros (A Coruña) "desenvolverá tecnoloxías innovadoras, como novos sistemas de adquisición e tratamento de datos, sistemas de xestión, de intelixencia artificial, simulación avanzada, modelado de procesos de negocio e analítica de vídeo", segundo explica a Xunta. Preténdese dotar dunha maior dixitalización ao proceso produtivo de torres eólicas en escenarios cambiantes e complexos. Crearanse ou manteranse 22 postos de traballo e mobilizarse un investimento público privado de preto de 2,4 millóns. 

Te puede interesar